Actualidade local e comarcal deste mércores 12 de abril.
Seguimos con tempo inestable entre as altas e as baixas presións nunha xornada de ceos entre nubes e claros e temperaturas mínimas que baixan aos 8 graos mentres que as máximas quedan nos 15.
Segundo as previsións de meteogalicia, a inestabilidade continuará ao longo da semana con chuvias intermitentes o xoves e o venres.
A situación mellorará cara a fin de semana e anticiclón recuperará posicións a partir do domingo.