Actualidade local e comarcal deste martes 12 de xullo de 2022. Alomenos ata o vindeiro venres continuará o nivel máximo de alerta en toda Galicia por unha onda de calor extrema que, no caso das nosas comarcas, os valores máximos chegarán ata os 37 graos.
Son os efectos dunha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana en conxunto coas altas presións e unha Depresión Illada en Niveis Altos (DANA) no Atlántico, ao oeste da península, que fai que a intensidade e a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios.
A situación finalizará previsiblemente durante a fin de semana co achegamento da DANA a Galicia con inestabilidade, aumento da nubosidade, posibilidade de tormentas e a entrada de aire do atlántico máis fresco e húmido que ocasionará un descenso nos termómetros.
Ante estas circunstancias, os centros sanitarios galegos estarán en sobre aviso polo previsible aumento de patoloxías asociadas á calor.
Doutra banda, Meteogalicia tamén alerta dun un risco potencial moi alto de incendios durante esta semana practicamente en toda Galicia.