Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
November 08, 2011Os motivos do goberno bipartito no caso BarreirosNo ciclo de charlas organizado por ADEGA e o Colexio de Arquitectos de Lugo sobre "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros" participou o que fora director xeral de Urbanismo no goberno bipartito, un dos principais actores na suspensión do plan urbanístico de Barreiros co goberno bipartito. Neste espazo Cerna exporá as súas razóns polas que instou a paralizar o crecemento urbanístico de Barreiros....more11minPlay
November 07, 2011O exemplo do que non se debe facer. Caso Barreiros.ADEGA e o Colexio de Arquitectos en Lugo organizan as charlas "Territorio e urbanismo. O caso Barreiros" para analizar a problemática urbanística neste concello da Mariña que se pode converter nun mal precedente para outros concellos galegos. Hoxe e os vindeiros días Radio Cerna acollerá os resumos destas xornadas. Neste espazo expóñense as irregularidades da última licenza recorrida por ADEGA na fiscalía, presentada como exemplo do que non se pode facer a nivel urbanístico....more11minPlay
November 04, 2011Boletín informativo ambiental 04/11/11Se queres coñecer de xeito resumido o que aconteceu esta semana no panorama ambiental da actualidade informativa, escoita este espazo de Radio CERNA....more11minPlay
November 03, 2011Atrancos para a xustiza ambiental. Reforma legal.O Estado vén de aprobar unha reforma da lei procedemental xudicial na que se intenta axilizar a Xustiza, aínda que o que se consegue é poñer atrancos á defensa dos intereses comúns. Así o expón Ecologistas en Acción que asegura que esta reforma prexudica sobre todo as entidades ecoloxistas que acuden á Xustiza para evitar os abusos da Administración sobre o colectivo social....more11minPlay
November 02, 2011Parque Natural de Corrubedo. Tres anos na inopia.A comisión consultiva do parque natural de Corrubedo leva tres anos sen reunirse. Isto implica que nin veciños, nin ecoloxistas, nin universidades, nin organizacións sociais poidan opinar ou estean ao tanto de forma directa sobre a xestión do parque....more11minPlay
October 31, 2011Aposta pola troita galega. Centro ictioxénico do Carballiño.O centro ictioxénico do Carballiño é a piscifactoría de Galiza máis especializada no cultivo de troitas para a repoboación dos ríos galegos. Un dos seus técnicos explícanos a situación deste peixe nos nosos ecosistemas fluviais....more11minPlay
October 28, 2011Boletín informativo ambiental 28/10/11Escoita as novas ambientais do país máis actuais. En tan só dez minutos!...more11minPlay
October 27, 2011Barreiros, a debate no Parlamento galego.O asunto "Barreiros" chega ao Parlamento galego da man dunha proposición non de lei do BNG que insta á Xunta a anular o convenio e o plan sectorial supramunicipal de Barreiros que intenta, segundo a formación nacionalista, "legalizar" as vivendas ilegais construídas. Neste espazo escoitaremos as diferentes versións sobre o caso que manteñen os tres grupos políticos representados no Parlamento....more11minPlay
October 26, 2011Barreiros, desde a ollada ecoloxista fronte a políticaADEGA analiza as palabras dos voceiros dos grupos parlamentarios arredor do caso Barreiros, en virtude dunha proposición non de lei do BNG que instaba á Xunta a anular o convenio para investir 14 millóns de euros de fondos públicos na dotación de servizos para as vivendas presuntamente ilegais de Barreiros....more11minPlay
October 25, 2011Piden que se paralice a nova Lei de Montes da XuntaCatro organizacións relacionadas cos montes piden que se paralice a nova normativa que pretende impulsar desde o goberno autonómico e que se reinicie o proceso para buscar o maior consenso posible entre a sociedade. Os colectivos son ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM....more10minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.