Ponte nas Ondas supón toda unha chea de lembranzas para xeracións de escolares e universitarios que participamos no maior festival radiofónico galaico-portugués. Lonxe xa daqueles inicios entre Salvaterra e Monção, hoxe o PNO é un festival tamén audiovisual, con transmisións en directo (e en plataformas como Youtube) desde múltiples lugares a un e outro lado da Raia. Foi unha marabilla colaborar coa iniciativa, desde a sede da Radio de Allariz, e escoitarmos boa música, grandes personaxes a parabenizar este xenial aniversario, ou conversarmos con X. M. Cid, ex-decano da Fac. Cc. Educación de Ourense, e un dos grandes activistas de PNO. Como non, recibimos nos estudios a ducias de escolares (de 5 de primaria) do CEIP Padre Feijóo da vila alaricana. Eles vannos contar moitas cousas sobre a estreita relación entre galegos e portugueses! Non vos perdades este especial de radio escolar global, conducido polos grandes Carlos Fdez. e Gusi Domarco, nos mandos técnicos. Un esforzo no directo.. e a por outros 30 anos máis!