Case 30 anos despois de ser catalogado como punto de especial interese xeolóxico de rango internacional, a Xunta e o concello de Quiroga por fin deciden protexer o pregue deitado de Campodola, na Serra do Courel. É o vestixio máis visible do choque entre os dous antigos continentes de Laurrusia e Gondwana hai 350 millóns de anos, cando se formou o territorio galego.