Podcast de Corcovadomusica

Programa1482


Listen Later

Edición número 1482 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 19 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 20 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Esta sexta publícouse “Táctil”, o novo disco de Marco Mezquida. Gravouno en formato trío coa complicidade de Aleix Tobías á percusión e Martín Meléndez ao violonchelo. É este un disco que xorde como resposta á permanente sensación de impacto que a situación sociopolítica actual produce no propio Mezquida. Estamos diante dun traballo complexo e convincente que, sen discusión, é un dos grandes lanzamentos de comezos do 2026. Estréovos a seguir o último proxecto da arpista suíza Julie Campiche. En “Unspoken”, Campiche constrúe un discurso musical fondamente político onde reflexiona sobre o feminismo e o concepto de xénero. Faino en clave pop, transcendendo a propia noción de jazz contemporáneo. Na segunda parte do programa descubrimos o novo disco dos austríacos Shake Stew, xa por fin editado, e as últimas propostas do selo WeJazz. A primeira, a nova gravación do baterista Booker Stardrum —estará nas tendas, oficialmente, o vindeiro 27 de febreiro—. A segunda, o transgressor “Strata”, suíte de dúas horas ao vivo creada por Pat Thomas e os XT (Seymur Wright a Paul Abbot).
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast de CorcovadomusicaBy Corcovadomusica