Podcast de Corcovadomusica

Podcast de Corcovadomusica

By CorcovadomusicaMusic
Download on the App Store

Podcast de Corcovadomusica episodes

  • Programa1511
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1511. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 12 e o 18 de novembro.
    Abrimos o programa co disco debut de Leo Santi, “Mormaço da gente”. Será publicado oficialmente o vindeiro 4 de decembro, mais pódovos adiantar un par de sinxelos. Conectámolo co novo disco de Monique Maion para a seguir entrar no universo sonoro do artista de São Paulo Lourenço Rebetez. En “Língua geral” parte dos crioulos do Brasil como ancoraxe simbólica dunha música híbrida onde a percusión ten un rol protagonista. No segundo bloque do programa escoitamos os novos discos da portuguesa Cristina Clara —gravado xunto a Tito Paris, Sérgio Godinho e António Zambujo, entre outros— e do dúo italiano CCCC (Chiara Civello e Clap Clap!). Na recta final do programa presentareivos as novas cancións de Siân Pottok —xunto a Fatoumata Diawara e Lokua Kanza— e o segundo sinxelo extraído de “Understory”, o novo disco de Thomas Bartlett.
    1 hr 3 min
  • Programa1510
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1510. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 5 e o 11 de novembro.
    Abrimos o programa con “Insomnia and Seven Steps of Grace”, disco da poeta e dramaturga nativoamericana Joy Harjo. Contou coa colaboración á produción e á interpretación de Esperanza Spalding (contrabaixo, voz). Entra a seguir, dende o selo We Jazz, “Live in Italy” disco asinado por Jonah Parxen-Jonhson ao saxo e Lau Nau ás voces e á electrónica. Os propios We Jazz veñen de publicar “Ping”, o excelente e inclasificábel novo disco de Raoul Björkenheim e Paal Nilssen-Love. Escoitamos dous temas. Seguindo esta liña experimental entra “Trappings of Sleep”, disco asinado dende Brooklyn polo trío de Caroline Davis (saxo), Qasim Naqvi (batería) e Grey McMurray (guitarra). Completamos o programa coa primeira escolma da serie “Now’s the Time: an Anthology of Contemporary Chinese Jazz”, publicada polo selo Blue Note. Escollemos un tema da Red Hand Band para pechar o programa.
    1 hr 4 min
  • Programa1509
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1509. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 29 de outubro e o 4 de novembro.
    A Pedreira vén de presentar hai poucos días “Atlante”, o seu novo tema. Trátase dunha canción chea de enerxía telúrica e punk que nos retrotrae á época dos Chouteira. No programa desta fin de semana escoitarémolo. Vouvos estrear, ademais, o novo traballo de Pablo Martín Jones, desta volta baixo o nome artístico de Baile entero. Edítao Lovemonk, e apunta a ser unha das grandes gravacións do 2026. Farémoslle oco ao novo EP do dúo cántabro Casapalma, “La suite de los Riconchos”, para a seguir estrear oficialmente o último traballo dos galegos Skanderani. Na recta final do programa descubriremos os últimos sinxelos de Guada e María de la Flor antes de rematar co primeiro disco para Real World Records de Clara Serra López.
    1 hr 1 min
  • Programa1508
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1508. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 22 e o 28 de outubro.
    O dúo formado polo saxofonista Mats Guftansson e o acordeonista Kimmo Pohjonen vén de asinar un dos discos máis irreverentes do ano “Two Balls are Enough” (Trost Records). Este é o noso disco destacado da semana. Seguindo esta liña de jazz europeo de vangarda, estréovos os novos discos de Echoes of Zoo, Louhivuori / Lønning / Myhr e Goran Kajfeš Subtropic Arkestra & Amanda Werne. Pechamos o programa co último traballo do contrabaixista e compositor arxentino Santiago Lamisovski. Leva por título “Perel”, e tédelo xa nas tendas a través do selo suízo Hat Hut Records.
    1 hr 1 min
  • Programa1507
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1507. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 15 e o 21 de outubro.
    Hai poucas semanas saíu á rúa “Haitarimarinadi”, o novo disco de Antti Paalanen. É un traballo paradoxal, onde o Paalanen máis experimental tenta harmonizar o seu estilo cun certo enfoque humorístico. Abrimos o programa con el e con outras novidades finlandesas: chega ás nosas mans o novo sinxelo dos Ritva Nero, novamente editado por Bafe’s Factory, ademais do último proxecto a dúo de Maria Kalaniemi e Timo Alakotila. Na segunda parte do programa estréovos o primeiro adianto de “Understory”, colección de pezas para piano creadas por Thomas Bartlett (The Gloaming), así como o último disco en solitario de Renzo Ruggiero. Completaremos o programa co primeiro disco de Sulaf, xa no mercado dende hai unha semana.
    1 hr 1 min
  • Programa1506
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1506. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 8 e o 14 de outubro.
    O vindeiro 20 de novembro editarase o disco debut do proxecto Zerzura. Na música do grupo dámos con elementos de música raï, folclore nubio e sons do delta do Nilo, entre outros. Abrimos o programa cos seus dous primeiros sinxelos. Oficializamos a seguir a publicación dos últimos discos de Sheila Chandra e Kay Slice para, a seguir, escoitar o novo sinxelo de Les Amazones d’Afrique. Chega ás nosas mans, coma sempre, a través do selo Real World Records. Na segunda parte do programa preséntovos dous traballos ben diferenciados. O primeiro, “Notes to Self”, o emocionante último traballo da galesa Catrin Finch. O segundo, o interesante e irregular “Mahti”, proxecto asinado polo trío finlandés Melkutus Party.
    1 hr 3 min
  • Programa1505
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1505. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Radio Neira, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 1 e o 6 de outubro.
    Os portugueses Glockenwise veñen de publicar o seu novo disco, “Vale tudo para chegar a algum lado”. O disco é en si mesmo unha demostración de creatividade contida aplicada ao ámbito do pop independente. Se vos cómpre, este é un dos nosos discos destacados da semana. O mesmo acontece coa amalgama sónica dos suízos Viragezero, quen veñen de editar o seu novo disco. Non son estas as únicas novidades do noso programa: escoitamos os novos traballos de Altin Gün e José González para, a seguir, presentarvos sinxelos de novos proxectos discográficos. É o caso da banda Mitsune, quen veñen de anunciar a publicación do seu novo disco a través de Real World. Completamos o programa cos últimos sinxelos dos galegos Skanderani e da artista brasileira Monique Maion.
    1 hr
  • Programa1504
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1504. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 24 e o 26 de setembro.
    Os finlandeses Elifantree son, por méritos propios, unha das bandas de jazz máis indómitas do panorama musical nórdico. Veñen de publicar “Florescence”, disco de inspiración plural e grandes acertos creativos. Abrimos con eles o programa desta semana. Estréovos a seguir, en clave jazzística, os novos proxectos de Maria Mendes, Jemba Groove e Echos of Zoo. A Orchestra Mambo International co seu primeiro disco porá o contrapunto antes de entrar na recta final do programa, que adicamos a dúas novidades do selo WeJazz. A primeira, o primeiro disco a dúo de Patrick Shiroishi e Jason Nazary. O segundo, o disco gravado ao vivo en Italia por Jonah Parzen-Johnson e Lau Nau.
    1 hr 3 min
  • Programa1503
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1502. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 17 e o 23 de setembro.
    Abrimos o programa dende Clerment-Ferrand, no norte da Occitania, coa música indómita dos Brama. A seguir movémonos á península ibérica para escoitar as novas música de Pablo Martín Jones —o seu novo disco será publicado por Lovemonk en outubro. Resulta tan creativo coma satisfactorio—, Casapalma & El Nido, Adriano Galante e Xosé Lois Romero. Na recta final do programa preséntovos o primeiro sinxelo extraído de “Animal”, o novo disco de Siân Pottok —coa participación de Flávia Coelho— antes de pór o punto e final co disco debut de Hilal Kaya. No seu primeiro disco, ábrese á sonoridade psicodélica e á fusión progresiva. Tédelo nas tendas e plataformas a través de Nordic Notes dende o pasado 28 de agosto.
    1 hr 1 min
  • Programa1502
    Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1502. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 10 e o 16 de setembro.
    No primeiro bloque centramos a nosa atención en diferentes proxectos publicados por Real World Records. Escoitamos os novos discos de Arun Sood & Angeline Morrison e de Bob Holroyd & Simon Painter. Os primeiros recodifican en clave experimental o folclore das illas Hébridas. Os segundos achéganse ao mundo da música instrumental contemporánea cun disco que nace da dor como vehículo da catarse emocional. A seguir, soan os novos sinxelos de Sheila Chandra, Sulaf e Pcha. O disco de Chandra é especialmente significativo, posto que funciona como peche á súa traxectoria artística —Chandra tivo que deixar a música no ano 2009 debido á glosodinia, doenza que mesmo lle impide falar sen padecer dor—. Completaremos o programa co último disco da cantora alxeriana Souad Massi e cun par de pezas extraídas de “Futurebrass”, o novo traballo dos neerlandeses Gallowstreet. Terédelo nas tendas o vindeiro 16 de outubro.
    1 hr 2 min

About Podcast de Corcovadomusica

From the publisher's feed

Canal do programa de radio especializado O Recanto do Corcovado (Radio Crónica Mérida, Cuac FM A Coruña, Radio Municipal de Redondela).