Edición número 1432 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 3 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 11, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim.
Esta semana, seguindo a nosa liña de traballo habitual, ofrecémosvos a primeira parte do noso repaso aos mellores 15 discos galegos do pasado ano. Danos tempo a escoitar do posto número 15 ao posto número 7. Lembrade que para elaborar esta listaxe respectamos as seguintes condicións:
• Só consideramos discos presentados no programa e editados ao longo do 2024. Aqueles traballos que polo motivo que sexa non chegaron ás nosas mans, non serán valorados.
• Non incluímos escolmas nin discos gravados ao vivo, a non ser que estes últimos conteñan un repertorio orixinal.
• Só valoramos os discos colectivos cando un dos seus artistas principais é galego ou galega.
• Só consideramos discos completos. Non entran na listaxe nin EP’s nin sinxelos.
Sodes quen de intuír que discos imos incluír na nosa listaxe?
Aquí tedes os primeiros postos da listaxe:
15. Xosé Lois Romero: “A mulher Lyrio”. Raso.
14. Carme López: “Quintela”. Warm Winters Ltd.
13. Catuxa Salom: “Cāldo”. Catuxa Salom.
12. Mocho Gris: “2”. Raso.
11. Terrae: “Medra”. Human Sounds of Nature Records.
10. Stormy Trucks: “Darl Lady”. Tiny Moon Records.
9. Baiuca: “Barullo”. Raso.
8. Narci Rodríguez dA Trío: “The Glitch: Suite Of the Sad Young Men”. Autoedición.
7. Matt Otto, Abe Rábade e Xosé Miguélez: “The Landscape Listens”. Tiny Moon Records.