Podcast de Corcovadomusica

Programa1484


Listen Later

Edición número 1484 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 5 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 6 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical.
Dedicamos o programa ás últimas novidades finlandesas. Maria Kalaniemi e Pekko Käppi veñen de editar un fascinante disco a dúo baseado na figura de Väinämöinen, personaxe central do “Kalevala” —e, segundo a lenda, creador do kantele—. As Akkajee veñen tamén de estrear “Pölynkerääjä” (O recolledor de pole). Estamos diante dun disco conceptual, cheo de resonancias litúrxicas e grande liberdade creativa. Escoitamos tamén, a través de Nordic Notes, o novo traballo de Johanna Juhola con Lena Jonsson, ademais da última gravación das Tuuletar. Pechamos o programa con “Maailman synty” (O nacemento do mundo), primeiro adianto do que vai ser o novo disco da cantante e intérprete de kantele Ida Elina, e co último traballo de Pekko Käppi e os K:H:HL.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast de CorcovadomusicaBy Corcovadomusica