Edición número 1492 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 30 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 1 de maio a través de RKV Radio Vigo e o sábado 2 de maio na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 6, tamén do mes de maio, a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa dende Gales co último disco da arpista e compositora Cerys Hafana. Temos, a seguir, rolda de sinxelos que adiantan novos discos: preséntovos as novas cancións de Nana Osei Twum Barima, Gitkin e Sulaf. Abrimos o segundo bloque do programa con “Neverland”, o novo disco dos camaleónicos Ulver. Os últimos minutos do programa están dedicados a dúas propostas chegadas escena underground de Xenebra. A primeira, o primeiro sinxelo dos Viragezero, banda onde converxe o talento de membros dos Citron Citron e de L’Éclair. A segunda, a primeira canción asinada polos Cyril Cyril e Le Syndicat du Futur. Tédelos na nas plataformas a través do selo suízo Bongo Joe. Pechamos o programa co último traballos do trío L.Y.R.