Podcast de Corcovadomusica

Programa1497


Listen Later

Edición número 1497 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 4 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 5 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 6 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 10 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical.
“Loitsui ja taikoi” (Feitizos e maxias) é o título escollido pola artista finlandesa Vilma Jää para o seu novo disco. Con el abrimos o programa desta semana. Dende Finlandia chegan tamén os Suistamon Sähkö, quen en “Lunta tupaan” presentan un disco de folktrónica tan directo coma puro. Pechamos esta páxina chea de novidades finlandesas co último traballo de Pelkkä Poutanen. Na segunda parte do programa estréovos a nova peza dos Kokono Nº1, recentemente publicada por Real World no seu subselo “X”. Conectámolo co último traballo do senegalés Cheikh Ibra Fan antes de despedirnos cun traballo sorprendente, a colaboración asinada polos Halme Prospekt e a cantante de Togo Queen Djenny Djella.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast de CorcovadomusicaBy Corcovadomusica