Podcast de Corcovadomusica

Programa1498


Listen Later

Edición número 1498 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 11 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 12 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 13 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 17 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa coas Films, dúo formado polas artistas Yuki Murata e Takahiro Kido. Films veñen de publicar “Maze Sleeper”, disco de base ambiental cheo de progresións melódicas inquedas. A seguir entraremos na política editorial do selo Kitchen Label da man de Meitei, compositor e músico xaponés que mestura raíces tradicionais con electrónica e música experimental. O seu último disco, publicado hai un mes, leva por título “Agate”. Conectámolo cun clásico, o disco de Ryuichi Sakamoto “1996”. Aproveitando o trinta aniversario da súa publicación, vén de editarse unha versión remasterizada que inclúe todos os temas contidos na edición xaponesa orixinal. Completamos o programa con “Voices”, o último disco do compositor experimental e investigador sonoro Yutaka Hirose.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast de CorcovadomusicaBy Corcovadomusica