Radio Escolar Rabadeira

Radio Escolar Rabadeira

By CEIP RabadeiraEducation
Download on the App Store

Radio Escolar Rabadeira episodes

  • 25 de Novembro
    No CEIP Rabadeira unímonos ao Observatorio Galego da Violencia de Xénero para visibilizar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

    Escoitamos un manifesto, gardamos un minuto de silencio e sonou unha canción de Guadi Galego, Chea de Vida.
    7 min
  • Obxectivos do Desenvolvemento Sostible
    (Este podcast foi desenvolto no seno dun programa de enriquecimento curricular e a profesora de ARCO con Quique, Mateo e Pedro, durante o curso 2021-2022).

    No seguinte podcast contaremos coa colaboración de representantes de distintos países que están a participar na cumbre da Organización das Nacións Unidas (ONU). O tema a tratar son os obxectivos de desenvolvemento sostible (O.D.S), un tema de gran actualidade, co obxectivo de poñelos en práctica na futura Axenda 2030. Emitimos en directo as súas propostas, dende a sede de Washington D.C.

    Certos obxectivos voan polo aire. Fin da pobreza? Fame cero? Saúde e benestar? Igualdade de Xénero? (...) son algunhas das moitas inquedanzas abordadas, para facer do noso mundo un lugar mellor.

    E vós? Tedes algunha outra suxerencia para axudarnos nesta misión universal?
    9 min
  • Extinción do planeta Terra
    (Este podcast foi realizado no seno dun grupo de enriquecimento curricular e a profesora de ARCO, con Quique, Mateo e Pedro, durante o curso 2021-2022).

    ​​​Benvidos aos nosos laboratorios científicos!

    Big bang! A ciencia é o noso gran afán!

    Nesta emisión de radio, queremos debatir sobre un tema de preocupación social: A posible extinción do noso planeta Terra. É unha posibilidade entre un millón, como millón de galaxias habitan no noso inmenso universo. Polo tanto, será ou non será? Esa é a gran cuestión.

    Neste caso, contaremos con tres célebres científicos, quenes amosan as súas conclusions grazas aos seus artículos de ciencia. Cada un deles amosa a súa perspectiva tras longas horas de investigación e experimentación. Cada idea prestixiosa é tan solida como diferente.

    Compartides os seus postulados?
    9 min

About Radio Escolar Rabadeira

From the publisher's feed

Radio escolar do CEIP Plurilingüe da RABADEIRA, en Oleiros