O reitor da USC, Antonio López, o vicerreitor de Organización e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e da delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López, presentan unha nova sección de Hoy por Hoy Lugo co Campus como protagonista: 'Universo Campus Terra". Un espazo dedicado a achegar aos oíntes a actividade docente e investigadora da Universidade, e a súa repercusión no tecido social e económico da cidade e da provincia.