Alberto Rodríguez, entrevistou en exclusiva no seu programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Mario Peso, responsable da Escola de Fúbol da SCD Pontecaldelas, que deixará esta responsabilidade para viaxar a China para facerse cargo dunha academia de fútbol no país asiático. Mario abandonará o país a principios do mes de xullo coa intención de asentarse en China para formar parte do equipo de adestradores dunha Academia de Fútbol chinesa que impartirá esta disciplina deportiva, de moda no país asiático. RADIO NOVA amosoulle o agradecemento pola súa atenta colaboración con esta emisora e desexoulle os maiores éxitos profesionais e personais nesta nova andaina.