RADIO NOVA fixo unha retransmisión en directo da entrega de premios do Concurso Internacional de Pesca da Festa da Troita de Ponte Caldelas que tivo lugar na Alameda ante a presenza de numeroso público. As autoridades, encabezadas polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, entregaron os galardóns aos gañadores en diversas categorías.