Javi Fraguas, xogador do A Lama, S.D. comentou como fora a súa grave lesión e o proceso de recuperación que sigue para recuperar a forma física. Tamén analizou con Alberto Rodríguez a súa operación, rehabilitación e as sensacións que notou durante a súa volta, nos últimos minutos do partido fronte ao Pontecaldelas no triangular Manuel Tosar Ferro, o pasado domingo en Racelo. Tamén comentaron o inicio da tempada do equipo que terá lugar este domingo, ás seis da tarde, fronte ao Mosteiro no campo de Racelo.