Antón Xil entrevistou no programa matinal de RADIO NOVA á voceira do colectivo A Rente do Chan-PLADEVER, Charo Brinquis, sobre a conferencia que terá lugar este VENRES 12 DE ABRIL ÁS 19 HORAS no CEIP Cordo Boullosa no que intervirán Jesús Gago Piñeiro, investigador do Instituto Español de Oceanografía cunha ponencia sobre "Descifrando o impacto dos microplásticos no medio Mariño" e Antonio Aretxabala Díez, xeólogo e consultor independente que falará sobre a "Dispersión de caucho granulado e microplásticos desde campos de fútbol de herba sintética".
Esta actividade promovida por A Rente do Chan-PLADEVER vén motivada pola necesidade de trasladar á veciñanza o debate sobre si o Concello de Ponte Caldelas debe utilizar caucho na dotación de céspede artificial no Campo Municipal de Chan da Barcia ou buscar outras alternativas e mesmo tamén abrir unha reflexión sobre si o campo de fútbol debe seguir na ubicación actual, en zona indundable.