Entrevistamos a Buenaventura Aparicio Casado, doutor en Historia e veciño de Parada, que vai protagonizar mañá, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas, unha conferencia titulada "A experiencia de Ponte Caldelas. Os gravados de Tourón no Parlamento Europeo" que recollerá parte da súa aportación sobre esta área arqueolóxica ante unha comisión do Parlamento Europeo á que asistiu convidado pola eurodeputada Lidia Senra.
Buenaventura Aparicio seguro que sorprenderá á audiencia coas súas explicacións pedagóxicas e moi didácticas sobre a importancia da área arqueolóxica de Tourón, merecedor de ser considerado patrimonio da humanidade, como o resto de petróglifos que existen en Galicia.
Aparicio defende a teoría de que en Tourón debíase asentar algún tipo de santuario neolítico e reivindicou a importancia destes elementos patrimoniais da nosa historia como posibles catalizadores económicos da comarca a través do sector turístico e as demais actividades derivadas xurdidas ao seu arredor.