Falamos co concelleiro de Cidadáns, no Concello da Lama, Andrés Cal Malleiro, sobre o escrito de queixa presentado por esta formación política ante o deputado delegado de Mobilidade na Deputación, Uxío Benítez, sobre os desperfectos causados polos camións, que traballaron na mellora da curva de Barbeira de Arriba, no entorno da capela da Virxe de Lourdes e en varios tramos da estrada que comunica A Lama con Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade.