Durante o partido disputado entre o Pontecaldelas e o San Adrián, con victoria visitante (2-3), Alberto Rodríguez entrevistou no set de RADIO NOVA nas gradas de Chan da Barcia a Manuel Muíños, veciño de Antas (A Lama) e presidente do Club Galicia de Salvador de Bahía, que se atopa de visita na súa terra e que intercambiou co presidente do Pontecaldelas, Pedro Rodríguez, as respectivas camisetas de ámbolos dous equipos. Despois das fotografías protocolarias pasou polo set de RADIO NOVA para falar dun clube histórico, orgullo da colectividade galega e española en todo Brasil.