RemataMUS é una sala de conversas que procura a difusión e promoción dos próximos TFE do conservatorio. Neste breve espazo, as persoas que xa teñen data de presentación do seu traballo e concerto, compartirán algunhas dúas ideas máis salientables, experiencias do seu paso polo CMUS e perspectivas de futuro, coa promesa, iso si, de que regresen pronto. Porque a verdade, esa data como de fin de algo é en realidade o comezo doutra etapa, aí, onde hai que despregar ás e comezar a voar... Hoxe comeza coa ollada a ese futuro próximo o pianista Lucas López López.