
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 353, no que tivemos como convidado a David Rubín, debuxante e guionista de banda deseñada.
Tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Olga Novo.
Programa número 352, no que tivemos como convidado a Suso de Toro.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 351, no que tivemos como convidadas a Inés Mirás, Estela Rodríguez e Andrea Porto, integrantes de A Banda da Loba.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luz Pozo Garza.
Programa número 350, no que celebramos un debate sobre o impacto que provocou o COVID-19 na cultura e sociedade galega. Participaron:
- Neves Seara
- María Núñez
- Manuel Xestoso
- Xacobe Meléndrez
- Amancio Sotillo
- Roberto Catoira
Gema Millán, na súa sección de Poesía Galega, recitou un poema de Luz Pozo Garza, que finou durante o confinamento, e a quen lle dedicamos o programa.
Programa número 349, no que celebramos un debate sobre o 8M que tivo lugar dous días antes. Participaron no mesmo Cristina Bajo Enríquez, Inés Cebreiro López, Mar Rodríguez Romero, Jana Serrapio e Sarah Díaz Lamas.
Programa número 348, no que tivemos como convidado a Manuel Meijide, vicepresidente de Videoxogo.gal e Director de Mundos Digitales.
Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga.
Programa número 347, no que tivemos como convidada a Carmen Prieto, Directora do Arquivo do Reino de Galicia.
Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.
Programa número 346, no que fixemos dúas entrevistas telefónicas sobre temas variados:
- Xaquín Marín, debuxante e ilustrador
- Xoán Carlos Villar Angeriz, presidente da Asociación Gaseosas de Galicia
Programa número 345, no que tivemos como convidada a Eli Ríos, escritora que veu en representación da Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega.
Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Programa número 344, no que tivemos como convidado a Paulo Carril, Secretario Xeral do sindicato CIG, que o ano pasado cumpriu 25 anos de traxectoria.
Tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Carmela González, directora de Biblos Clube de Lectores. E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm