Vimos luces, sentímolas na cabeza, escoitamos voces vir do ceo... Non sabemos se son deuses ou se son verbas nunha linguaxe incompresíbel e estraña doutro planeta, doutra galaxia.
No Baleiro Perfecto non temos moi clara a diferencia entre deuses e alieníxenas, por iso afondamos nos dous, asemade, na procura de respostas, pero tamén de preguntas.
Lovecraft, Sailor Moon, Evangelion, Prometheus, Futurama... Moitas referencias dentro da mesma dimensión, o mellor xeito de despedir a tempada: con fe, mais cada quen coa súa. Volveremos, e como o tempo no Baleiro é diferente, en realidade, xa volvimos, pero aínda non o sabedes.