Baleiro Perfecto

Baleiro Perfecto

By A que cheira, papá?Arts
Download on the App Store

Baleiro Perfecto episodes

  • Fotografía - Baleiro Perfecto 45
    O Baleiro Perfecto volve polas andadas desta volta para falar do mundo da fotografía na fantasía e ciencia ficción. Cámaras para capturar espíritos, fotografías que veñen do futuro... Desde a cámara escura ata a distopía imaxinaria da IA xenerativa, repasamos neste episodio todo o que a fotografía como arte aportou aos nosos xéneros favoritos.
    1 hr 51 min
  • Labirintos - Baleiro Perfecto 44
    Deixamos o novelo e as miguiiñas de pan en cada cruce, pero os membros do Baleiro seguimos perdidos neste labirinto. Axuda!
    Nada, mentres buscamos a saída falamos dos labirintos de fantasía e de ciencia ficción máis famosos, mentre artellamos teorías arriscadísimas sobre o sentido último de perderse.
    1 hr 55 min
  • Lentes - Baleiro Perfecto 43
    Dedicamos un episodio aos lentes, para conmemorar todas esas infancias con parches e dioptrías, adolescencias con lentes de contacto e madurez con ollos cansados.
    Exploramos o significado literal e metafórico dos lentes e anteollos nas historias de ciencia ficción e fantasía, desde os lentes "falsos" de Clark Kent ata os superpoderes do visor de Cícople.
    1 hr 53 min
  • Dune - Baleiro Perfecto 41
    Máis alá dos límites do podcast, alén dos recantos aos que ningún ourensán chegou xamais, alí hai un planeta chamado Arrakis.
    Disque a xente do Baleiro Perfecto conseguiu facerse cun pouco de especia e gravaron un episodio lisérxico sobre a posible chegada dun Lisan al-Gaib... quizais un chamado Chalamet...
    2 hr 5 min
  • Disfraces - Baleiro Perfecto 40
    É isto o Baleiro Perfecto ou tres nenos nunha gabardina finxindo ser un podcast sobre ciencia ficción e fantasía? Só un experto en disfraces pode apreciar a diferenza.
    Volve o Baleiro, e facémolo preto do Entroido para falar da máscara e o disfraz, do espía que se agocha a plena luz, do traxe de superheroe, do entroido de subversión. Bota connosco unha hora pensando en como facer un carnaval dos mundos de fantasía!
    1 hr 50 min
  • Radio - Baleiro Perfecto 39
    Ola? Hai alguén ai? Aquí o Baleiro perfecto, cambio. Oh, non, non hai ninguén...
    Sintonizamos a FM cuántica e intentamos facer contacto cun programa dedicado á radio! Desde a mítica retransmisión de Welles, o codec do Metal Gear ou a torre secuestrada polo Team Rocket, repasamos as radios máis famosas da cifi e a fantasía.
    1 hr 40 min
  • Unllas - Baleiro Perfecto 38
    Non estamos quedando sen tema para os Baleiros, sodes vós que non apreciades o poder das unllas!
    Abrimos tempada nova no Baleiro demostrando que non temos medo xa a estar fóra do mainstream e dedicamos un programa enteiro ás unllas. Porque si, porque nós podemos, porque quen nolo vai impedir.
    Afiade as de Lobeto ou arrincádellas ao velocirráptors. Cortamos o pelo con Eduardo Manostesoiras e pintámolas de cores cos Akatsuki.
    1 hr 46 min
  • Voar - Baleiro Perfecto 37
    Ah voar, ese soño compartido por humanos e aves sen plumas. Estivemos argallando no taller do Baleiro Perfecto e deseñamos o barco/nave/anxo voador definitivo, pero ao final gravamos un podcast.
    Dedicamos un anaco a falar de voar na cifi e na fantasía e de verdade, neste hai unha miríada de referencias moi inesperadas: Casper, John Wick e Evangelion teñen oco no Baleiro.
    Ah, e nalgún punto falamos das vasoiras das bruxas. Coidado. COIDADO.
    1 hr 59 min
  • Drogas - Baleiro Perfecto 36
    Un estraño composto químico percorre o sangue da xente do Baleiro Perfecto e non sabemos que efectos secundarios terá. Superforza para rir de Darío? Megaresistencia para facer podcast de 2 horas? Alucinacións con antigos pantasmas de Pablo Pesado?
    Descubrímolo neste episodio dedicado ao marabilloso mundo das drogas, en particular das que inventan os autores de fantasía e cifi. Percorremos un mundo feliz e outras distopías, e afondamos nesa idea tan do século XX de que non se pode ser verdadeiramente artista sen drogarse.
    2 hr

About Baleiro Perfecto

From the publisher's feed

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.