Baleiro Perfecto

Baleiro Perfecto

By A que cheira, papá?Arts
Download on the App Store

Baleiro Perfecto episodes

  • Multiversos - Baleiro Perfecto 35
    A xente do Baleiro Perfecto atravesou un portal e agora todo é exactamente igual pero polo que sexa todo o mundo ten acento de Asturias. Fuxen pero no seguinte a xente toda é Will Smith! Oh non, será que están atrapados no Multiverso?
    Multiversos paralelos, burbulla, fillos, as posibilidades infinitas dos mundos infinitos. Neste episodio falamos de todos eles, das teorías físicas que os explican, desde as fantasías de Elric de Melniboné ata o cinismo de Rick.
    1 hr 33 min
  • Piratas - Baleiro Perfecto 34
    Por que ese barco co pavillón dun polbo lovecraftiano se achega tanto? Son os PIRATAS do Baleiro Perfecto!
    Surcamos os sete mares na procura dos tesouros en dúas horas de podcast onde a maridaxe co ron e as interpretacións desmadradadas do Monkey Island provocarán escorburto e farán agromar riquezas agochadas.
    Non nos responsabilizamos polas actuacións extremas que o capitán Pereiro poida adoptar durante o programa. En alta mar, dereito de piratas.
    2 hr 16 min
  • Intelixencia artificial - Baleiro Perfecto 33
    Deberías saúdar a túa Alexa todas as mañas? Está a policía facendo pactos demoníacos con ordenadores ultrapotentes? Son todos os coruñeses Terminators esperando a orde adecuada de Skynet?
    Todas estas preguntas e moitas máis atopan resposta no Baleiro dedicado ás intelixencias artificiais! Coa flamante nova Axencia en Galicia, aproveitamos para facermos o único episodio con algo de actualidade.
    Tedes dúas horas co Trío Tenrura, para ir desde Kubrick ata Pinocho, e todo o que hai no medio.
    1 hr 57 min
  • Soños - Baleiro Perfecto 32
    Soñan os do Baleiro con ovellas eólicas? Será o soño unha vantaxe evolutiva ou apenas un rebumbio eléctrico do cerebro mentres descansa? No podcast desta semana puxémonos a interpretar soños, como quen intenta entender pelis de Lynch.
    Dos edificios elásticos de Nolan ata os reinos oníricos de Gaiman. Dos soños proféticos da Biblia aos soños hiperespaciais para percorrer tempo e distancia. Non vos durmades, que este Baleiro é para auténticos connaisseurs!
    1 hr 55 min
  • Deportes máxicos - Baleiro Perfecto 31
    A nosa vida como Baleirers e como deportistas é facerlle a vida imposíbel aos gilís, tal e como vimos demostrando desde hai 30 programas.
    Os nosos corpos esculpidos nas carreiras, no fútbol e no baloncesto canino, ademais do rollerball e o curling, son testemuñas da nosa paixón polo deporte e o seu tratamento na ciencia ficción e na fantasía.
    Seremos quen de inventar un novo deporte algún día? É a creación de falangullos un deporte? Abofé que suamos con este!
    2 hr 13 min
  • Música fantástica - Baleiro Perfecto 30
    Música para os teus ouvidos! Non porque o Baleiro sexa pura harmonía (que tamén), senón porque hoxe toca falar de músicas en mundos de fantasía e ciencia ficción.
    Exploramos o tema musical acompañados de holófonos, harpas de bardo, laúdes de trobador e instrumentos imposibles de planetas por descubrir.
    Desde Wagner ao guitarrista zumbado de Mad Max, neste Baleiro Perfecto hai música para todos os gustos, a ver se falamos xusto do teu!
    1 hr 51 min
  • A Morte e o Alén - Baleiro Perfecto 29
    A morte. A personaxe, o acto, o paso, o intre. Ben podería un morrer falando da morte e non chegaría a saber moito sobre dela.
    O Baleiro Perfecto inicia nova tempada, a terceira nin máis nin menos, vestindo de negro, collendo a gadaña e conversando coas parcas, procurando respostas e propoñendo preguntas.
    Krilín estaría orgulloso de nós, e nós del. Din que o malo non é morrer, senón estar morto tanto tempo. Excepto se es un personaxe de Dragon Ball, nese caso podes estar tranquilo que has volver cando toque.
    2 hr 8 min
  • Especial Verán - Baleiro Perfecto 28
    Que fan os membros do Baleiro Perfecto nunha praia perdida dun exoplaneta de Andrómeda? Gravar un especial de verán!
    O voso podcast de cifi e fantasía favorito non vos ía deixar todo o verán a soas e como corolario da anterior tempada e promesa para a nova fixemos este programa un pouco máis lixeiro, un pouco máis caótico, mais co espírito cheirer de sempre.
    Polo visto un programa dedicado toda a xente do Ecuador. Falamos da Banda do Patio e de Pokemon. Alba fala de Conan (sorpresa). Darío acaba un pouco borracho.
    1 hr 36 min
  • Batallas Épicas - Baleiro Perfecto 27
    Canta, oh musa, de todas as almas que marchan ao Hades, pois hoxe no Baleiro Perfeito falaremos de Batallas Épicas!
    Desde os campos de Pelennor ata as lúas de Yahvin, sobrevoamos as grandes batallas da fantasía e ciencia ficción. Unha resistencia heroica se fai falla, ata que chegue a cabalería ou os Avengers por buratos dourados.
    Falamos de como cambiou a nosa noción da guerra da antigüidade ata o presente e de como as autoras intentan adaptarse a eses cambios. Da batalla das armaduras brillantes da épica idealista, ata o inferno de sangue visceras na guerra moderna.
    1 hr 55 min
  • Conspiracións - Baleiro Perfecto 26
    O Baleiro Perfecto non é realmente un podcast, senón un experimento social masivo no que expoñemos os ouvintes a unha enorme transmisión de datos agochada nas frecuencias máis altas dos audios. O fin desta transmisión é difundir a palabra do mestre Pachnie Papieżem.
    Non o cres? Igual é que non es moito de conspiracións, por iso neste novo capítulo traemos a verdade (ou non). Navegamos por historias ocultas da ficción e do mundo real, o imaxinario popular, as conspiracións na sombra que son, curiosamente, bastante coñecidas.
    Pon o gorro de aluminio, abre o post máis fondo de Reddit e prepara as orellas; o Baleiro Perfecto sabe os segredos máis secretos do mundo!
    1 hr 53 min

About Baleiro Perfecto

From the publisher's feed

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.