Baleiro Perfecto

Baleiro Perfecto

By A que cheira, papá?Arts
Download on the App Store

Baleiro Perfecto episodes

  • Robots Malos - Baleiro Perfecto 5
    Metal, circuítos, ollos vermellos e un perigoso pensamento alleo á humanidade.
    Soñan os androides que lles sae a pagar en Facenda? Bo motivo para estar amolados.
    Afondamos e falamos sobre as máquinas que queren acabar con nós neste novo capítulo. Hai que entendelas, non sempre facemos os mellores falangullos.
    1 hr 50 min
  • Magas e bruxos - Baleiro Perfecto 4
    Ai, a maxia... ten que habela e iso significa que alguén ten que practicala, catalizala. Disque os chaman magas, bruxos, druidas ou feiticeiras. Unha chea de posibilidades e case un mundo por cada un.
    No Baleiro Perfecto tamén temos practicantes de maxia; poderosas como Minerva McGonagall, e tamén menos hábiles como Rincewind. Pensamos neles e como aplican os seus trucos, como son as súas palabras e que hai detrás delas.
    1 hr 43 min
  • Aliens bos - Baleiro Perfecto 3
    Están aí fóra e saben de nós. Ou non. Ao menos non van entrar no noso planeta estoupando a Casa Branca. Son aliens, si, pero aliens bos ou... en poucas palabras, non malos.
    Toca falar deses seres intelixentes que habitan o espacio e tentamos imaxinar e comprender, mais non é doado. Cómpre facer amigos.
    1 hr 40 min
  • Dragóns - Baleiro Perfecto 2
    Uns teñen longos dentes e garras, outros vagan polos ceos anunciando choiva, mais tamén hai algún de Airbnb na Montaña Solitaria. Así é, son os dragóns. O Baleiro é ocupado nesta ocasión por algunhas das criaturas que máis tinta, pixeles e contos deron ao mundo.
    1 hr 41 min
  • Ucronías - Baleiro Perfecto 1
    É a primeira pregunta que todo ser humano realiza polas mañás: que é unha ucronía? E pode sero mundo de Harry Potter unha?
    Toca retraer este baleiro cara a eses pasados, presentes e futuros que puideron ser, ou mesmo que son nalgunha outra dimensión invisible.
    Na literatura, no cinema, nos videoxogos hai ucronías. Imos facer mergullo, sen osíxeno, sen facer pé, por elas.
    2 hr 9 min

About Baleiro Perfecto

From the publisher's feed

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.