Baleiro Perfecto

Baleiro Perfecto

By A que cheira, papá?Arts
Download on the App Store

Baleiro Perfecto episodes

  • Lazos temporais - Baleiro Perfecto 15
    Benvida ao Baleiro, hoxe falaremos dos Lazos Temporais.
    Pero que dis, que ides falar de que?
    Os loops, os días da marmota, a viaxe do tempo que se converte en prisión. Neste Baleiro falamos dos lazos temporais desde Bill Murray ata Naruto, intentaremos non tolear con Dark e esquivar as balas do revés de Tenet.
    - Sísifo, levanta esa pedra unha vez máis.
    - Como?
    Benvida ao Baleiro, hoxe falaremos dos Lazos Temporais.
    1 hr 46 min
  • Isekais - Baleiro Perfecto 14
    No Baleiro Perfecto temos claro que hai outros mundos que non vemos a simple vista, mais que podemosa cceder a eles a través dun armario, dun buraco nun campo de golf ou do noso modem.
    Coñeces a palabra Isekai? Igual pensas que é algo novo de máis, pero en realidade levamos unha chea de anos entrando e saíndo deses mundos fantásticos, universos paralelos e espazos virtuais aínda que con outros nomes.
    O certo é que... pode ser o Baleiro Perfecto un isekai? Pode.
    1 hr 34 min
  • Viaxes interestelares - Baleiro Perfecto 13
    O Baleiro Perfecto prende motores... de verdade!
    Desta vez imos partir cara ás estrelas, imos comprobar que hai alén do Cinto de Orión, que ocultan as galaxias que aínda nin nome teñen.
    Como chegar até elas? Que esconden as viaxes interestelares? Seremos quen de facelas? Como imaxinamos na ficción eses longos roteiros polo espazo baleiro?
    Na nave do Baleiro imos cargados de palabras e conversas e algunha que outra idea para afastarnos desta Terra, desta galaxia, e chegar a bo porto sen finar polo camiño.
    1 hr 40 min
  • Armas máxicas - Baleiro Perfecto 12
    E se Exacalibur estivese cravada no medio do Baleiro Perfecto? E se achamos nel a capacidade para levantar o Mjölnir? Algún día seremos quen de ter unha katana de Hattori Hanzō?
    Cómpre falarmos de armas lendarias, de obxectos míticos cun poder que mesmo pode mudar o rumbo dunha batalla. Hoxe toca conversar sobre eses elementos que durante miles de anos foron tecendo a súa propia historia, deixando na cultura popular unha pegada ben curiosa, case como unha cicatriz.
    1 hr 47 min
  • Posapocalipses - Baleiro Perfecto 11
    Acabou o mundo! Vaia, pois tampouco se notou tanto.
    Como parece que temos tempo para charlar aínda, fagamos un Baleiro Perfecto. Hoxe falaremos de posapocalipses, de como queda todo cando o mundo remata. Desde as apocalipses climáticas ás feministas, desde a Eneida ata o Fall Out.
    Posapocalipses na ciencia ficción, desde a teoría á práctica, a ver que pasa.
    1 hr 45 min
  • Harry Potter - Baleiro Perfecto 10
    Balerium Perfecturus! Non che soa? É o feitizo que ten dobre efecto! Dunha banda, logra que o Baleiro Perfecto comece de novo; doutra, abre as portas dun monográfico sobre o neno que viviu, ese xigante cultural que moveu o mundo durante ben anos, e hoxe aínda sentimos as súas pegadas.
    Así é, volve o Baleiro Perfecto, e desta vez para facer maxia de seu. Profundamos no mundo de Harry Potter, rebuscando por todos os recunchos de Hogwarts, para ensinarlle a Dumbledore quen manda neste espazo singular.
    2 hr 16 min
  • Relixións e aliens - Baleiro Perfecto 9
    Vimos luces, sentímolas na cabeza, escoitamos voces vir do ceo... Non sabemos se son deuses ou se son verbas nunha linguaxe incompresíbel e estraña doutro planeta, doutra galaxia.
    No Baleiro Perfecto non temos moi clara a diferencia entre deuses e alieníxenas, por iso afondamos nos dous, asemade, na procura de respostas, pero tamén de preguntas.
    Lovecraft, Sailor Moon, Evangelion, Prometheus, Futurama... Moitas referencias dentro da mesma dimensión, o mellor xeito de despedir a tempada: con fe, mais cada quen coa súa. Volveremos, e como o tempo no Baleiro é diferente, en realidade, xa volvimos, pero aínda non o sabedes.
    2 hr 6 min
  • Lobishomes - Baleiro Perfecto 8
    A lúa chea sobre Marín converteu en home lobo a Denís...
    Saen as bestas da noite, saen as estrelas e nós entramos no Baleiro Perfecto para comprobar se a prata serve de algo, ver se as maldicións poden ser bendicións e tamén para falarmos sobre os lobishomes, así, polo miúdo e polo fondo.
    Romasanta, Van Helsing, Jack Nicholson... que teñen en común? canto medo lle temos ao lobo? que visión del hai na nosa terra?
    2 hr 1 min
  • Detectives de CIFI - Baleiro Perfecto 7
    Hai un misterio por resolver! A quen vas chamar?! Aos Cazapantas... Ao Baleiro Perfecto!
    Así é. Hoxe neste podcast singular afondamos nos detectives, mais cun matiz máis noso: aqueles que viven en mundos de ciencia ficción (e un chisco de fantasía).
    Viaxamos nos coches policía de Blade Runner, tentamos establecer algunhas vantaxes destes investigadores sobre outros, mais tamén os retos propios que enfrontan e vencen.
    Colle o sombreiro, limpa a lupa e atenta, que temos un crime entre mans que precisa da túa escoita.
    1 hr 52 min
  • Mapas de ficción - Baleiro Perfecto 6
    Entrar no Baleiro Perfecto pode ser algo perigoso se un non ten claro como saír. Iso é! Se tes un mapa todo será máis doado, claro que non todos os mapas amosan o mesmo, nin tampouco todos conteñen o que procuramos.
    Desde tesouros ocultos a segredos persoais, sacados e creados co Big Data. Á Montaña Solitaria, ao norte; ao sur, a cidade de Anor Londo.
    Hoxe toca falar e escoitar de mapas, de cartografías e representacións de realidades e ficcións sobre planos. A ver non esquecimos ler as lendas.
    1 hr 52 min

About Baleiro Perfecto

From the publisher's feed

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.