Baleiro Perfecto

Baleiro Perfecto

By A que cheira, papá?Arts
Download on the App Store

Baleiro Perfecto episodes

  • Mundos submarinos - Baleiro Perfecto 25
    Somos moito de mirar as estrelas, pero o Baleiro Perfecto desta semana fai mergullo nas augas deste planeta que nos acolle de cando en vez —aínda que tamén poida nadar por outras—.
    Da man do cangrexo Sebastián e coa canción da Sereíña de fondo, tratamos de atopar os segredos que esconden as augas abisais, a súa relación coas ficcións espaciais ou o xenial escenario para o terror que son os océanos.
    Ademais, lembra que se compartes este programa 100 veces entre todos os teus contactos, entrarás no sorteo dun gorro vermello con algún pelo de Jacques Cousteau, un dos mestres nesta aventura.
    1 hr 59 min
  • Mutantes - Baleiro Perfecto 24
    O Baleiro Perfecto muta! Todo o que quixeches saber sobre os mutantes e nunca fuches quen de preguntar ben podería ser o título desta nova aventura sonora.
    É a escola de Charles Xabier a medida máis inútil do mundo para axudar os mutantes? Que relación ten con Foucellas e Magneto? E o doutor Manhattan? Un mutante convertido en deus ou un home seguindo os pasos de DiCaprio?
    O peor deste capítulo? Sabémolo: nin un só nomeamento a Gambito. Non mutamos en seres perfectos.
    1 hr 41 min
  • Zombis, zombis, zombis - Baleiro Perfecto 23
    Quen deixou as tumbas do cemiterio abertas? Pois nada, apocalipse zombie xente, a mirarse todo o tempo que non leves unha mordida. Non se pode nin morrer tranquilo.
    Investigamos no Baleiro Perfecto se os non-mortos volven por culpa dun virus mundial, algunha maldición vodoo, ou a Santa Compaña. Acompáñanos neste monográfico zombie, nós xa fortificamos a casa.
    1 hr 54 min
  • Doutores - Baleiro Perfecto 22
    Doutor Livingstone, supoñemos... ou Gero? Octopus, ou Non? Aproveitando que case a metade do Baleiro conta cun rango apto para ser un súper vilán, afondamos nese título.
    Alén da medicina, hai doutoras de todo e para todo. Pensamos nalgunhas delas, dos doutores tolos ás incomprendidas, valoramos os seus experimentos e traballos, que poboan as novelas e películas.
    1 hr 46 min
  • Camiño do Heroe - Baleiro Perfecto 21
    Como chega un heroe a ser o que é? Hai un camiño? Hai unha viaxe? Pode ser calquera integrante do Baleiro Perfecto unha heroína en potencia? Salvaremos o mundo?
    Toca falar dun tema transversal a moitas das historias que lemos, vemos e escoitamos; a do protagonista heróico, ese que habitualmente sae dun recuncho humilde para ser elevado até o Olimpo (e pode que de xeito literal).
    Poñemos en práctico a viaxe do heroe de Campbell a través do Hobbit de Tolkien e comprobamos que pasos temos de seguir para ser nós as próximas heroínas desta historia.
    1 hr 51 min
  • Dinosauros - Baleiro Perfecto 20
    Con plumas ou escamas, os dinosaurios ben poderían ser os únicos animas que capaces de vivir no Baleiro Perfecto de xeito indefinido.
    Veña, dinosaurios! Acaso houbo na Terra un animal mellor? Acaso hai algunha crianza no mundo que non fose experta durante un par de anos na súa vida nesta extinta forma de vida? Acaso non molan máis ca nós?
    Hoxe viaxamos ao pasado, mesturamos ADN, accedemos a mesetas e covas improbábeis onde aínda habitan estas formidábeis criaturas. En definitiva, o Baleiro ❤️ dinosaurios.
    1 hr 49 min
  • Vampirismo - Baleiro Perfecto 19
    O Baleiro Perfecto ten sede, mais por moitas billas que abren os seus integrantes, por moita auga que baixa polas súas gorxas, semella que non acaban con esa sede particular, esa dor, esa ansia que fai mirar os pescozos alleos de xeito distinto.
    Non lembramos que acotenceu, nin cando nin como, pero todo indica que o vampirismo entrou de cheo neste espazo singular. A parafilia do sangue! Acaso seremos inmortais agora? Poderá a luz ultravioleta acabar con nós? As estacas? Os crucifixos? Que lendas seguir?
    E ti? A que le estas liñas... como es quen de resistir esta sede? Non serás tamén un ser da noite?
    1 hr 54 min
  • Especial de Nadal - Baleiro Perfecto 18
    Como cada Nadal, a reunión das integrantes do Baleiro Perfecto é unha realidade inminente. A típica e tradicional cea natalicia, unha xornada que promete ser un encontro pacífico, e que traerá conversas varias e anécdotas notables.
    A neve cae na rúa Papiésen, no corazón dun barrio residencial de Minnesota. A televisión prendida enche de son o fogar de Rodicio, que agarda a chegada do resto da banda. Charlie, que apareceu hai un anaco pola port
    a, domina o sofá, desde onde fai un veloz zapping polas diferentes canles que ofrece o novo sistema Syndaril, que dá acceso a todas as programacións en directo do planeta. En apenas uns segundos, atopa algo de interese...
    1 hr 49 min
  • Imperios Galácticos - Baleiro Perfecto 17
    O Baleiro Perfecto ben podería ser un imperio, o noso, o de todas; mais non temos demasiado afán por conquistar nin por, en fin, traballar en exceso.
    Ora ben, nalgún punto do Universo pode que xa comezara esa expansión galáctica que conquistará e porá baixo un mesmo mando a centos de planetas, pode que miles?
    Hoxe quixemos falar e analizar algúns dos imperios galácticos que foron chegando a nós. Moitos referenciando o modelo de Julio César, mais... hai máis tipos? É máis, é posíbel realmente a creación dun imperio de tal magnitude? Que dificultades atoparía?
    E si, o imperio de Star Wars é unha desfeita.
    1 hr 30 min
  • Elfos - Baleiro Perfecto 16
    No Baleiro Perfecto seguimos na procura de seres difíciles de atopar, obsesionados clasificar, enumerar e mesmo estudar a súa lingua se é preciso.
    Hoxe toca entrar en territorio élfico. Toca ver as súas orixes, as raíces destes seres tan habituais na fantasía, tan distintos segundo quen conte o relato e, asemade, tan semellantes en moitas obras.
    Desde a Terra Media aos mouros, do universo de Bright a The Elder Scrolls ou The Witcher... E non, non sempre son louros e de ollos azuis, nin teñen orellas rematadas en pico!
    1 hr 40 min

About Baleiro Perfecto

From the publisher's feed

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.