<img width="1280" height="1280" data-tf-not-load src="https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo.jpeg" class="attachment-full size-full wp-post-image" alt="“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño." decoding="async" srcset="https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo.jpeg 1280w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-150x150.jpeg 150w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-300x300.jpeg 300w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024.jpeg 1024w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-500x500.jpeg 500w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-47x48.jpeg 47w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-700x700.jpeg 700w, https://sons.red/wp-content/uploads/2022/10/fotocapitulo-1024x1024-205x205.jpeg 205w" sizes="(max-width: 1280px) 100vw, 1280px" />
Traemos a este podcast, o Ti Martiño e máis eu sobre as cousas do comer, dos animais vinculados á vida diaria nestes pueblos e algunha cousiña máis, por exemplo sobre as tarefas agrarias que fundamentalmente xiraban ao redor do pan.
“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño, é un serial de Retrato Sonoro para Sons Podcasts e a voz protagonista é a de Martín Gordo Mostaza. Home centenario do lugar da Teixeira, en Hermisende, provincia de Zamora.
Comezaremos hoxe a Martiño falando dalgo que xa escoitaches nalgún capítulo anterior. Subir ás vacas á serra para que pastasen no verán e vixialas para que non viñese o lobo. O sacrificio que comportaba ter a estes animais nas casas e ter unha vaca de a medias…
Os porcos, animal fundamental na dieta destas xentes, a importancia das matanzas para ter certo sustento alimenticio durante o ano. E falamos de arrobas. Tamén sobre as castañas que comían as persoas e os porcos. Na contorna da Alta Sanabria hai unhas castañas estupendas, e que se consumen e saen a moitos países do mundo. Todo un negocio nas primeiras datas do outono,pero que toda esta xentiña nota nas costas para apañar. Non hai traballo tan mal agradecido.
Os traballos no campo sobre todo a sembra, seitura (a sega) e mallas do pan, do centeo. Ao redor destes traballos do pan podería facerse un podcast exclusivo porque implicaba tanto traballo, tanto tempo, tanta vida…
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Fotos-1-Mallas-na-Vecina-San-Ciprian-2-1024x721-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10210" title="Fotos 1 Mallas na Veciña San Ciprián 2" alt="Fotos 1 Mallas na Veciña San Ciprián 2">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Fotos-1-Recollendo-herba-no-carro-en-Castrelos-738x1024-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10211" title="Fotos 1 Recollendo herba no carro en Castrelos" alt="Fotos 1 Recollendo herba no carro en Castrelos">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Fotos-1-Seitura-ou-sega-na-Vecina-San-Ciprian-2-1024x693-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10212" title="Fotos 1 Seitura ou sega na Veciña San Ciprián (2)" alt="Fotos 1 Seitura ou sega na Veciña San Ciprián (2)">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Mallas-na-vecina-San-Ciprian-scaled-1024x721-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10215" title="Mallas na veciña San Ciprián" alt="Mallas na veciña San Ciprián">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Muller-diante-dun-carro-en-San-Ciprian-de-Hermisende_-724x1024-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10216" title="Muller diante dun carro en San Ciprián de Hermisende_" alt="Muller diante dun carro en San Ciprián de Hermisende_">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Mulleres-facendo-diferentes-tarefas-de-cesteria-lino-e-legumes-en-San-Ciprian-scaled-1024x756-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10217" title="Mulleres facendo diferentes tarefas de cestería, liño e legumes en San Ciprián" alt="Mulleres facendo diferentes tarefas de cestería, liño e legumes en San Ciprián">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Seitura-ou-sega-na-vecina-San-Ciprian-1024x744-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10218" title="Seitura ou sega na veciña San Ciprián" alt="Seitura ou sega na veciña San Ciprián">
<img decoding="async" data-tf-not-load data-no-script src="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Xente-realizando-a-malla-na-Teixeira-scaled-1024x684-720x480.jpg" width="720" height="480" class="wp-post-image wp-image-10219" title="Xente realizando a malla na Teixeira" alt="Xente realizando a malla na Teixeira" srcset="https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Xente-realizando-a-malla-na-Teixeira-scaled-1024x684-720x480.jpg 720w, https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Xente-realizando-a-malla-na-Teixeira-scaled-300x200.jpg 300w, https://sons.red/wp-content/uploads/2023/02/Xente-realizando-a-malla-na-Teixeira-scaled-1024x684.jpg 1024w" sizes="(max-width: 720px) 100vw, 720px" />
Derivado disto Martín falarache de cocer o pan nos fornos comunitarios e cómo funcionaban por quendas, e da súa paixón por levar sempre unha codia de pan á que botar man cando había fame ou non a había, por lambereteiro.
Nas zonas altas existían os neveiros. Qué son? Para qué? Porqué son tan necesarios? Qué está a cambiar no CLIMA para que vaian desaparacendo?
O reinado unha festa que se realizaba máis ou menos logo do aninovo ata despois do día de reis. En qué consistía? Quen podía participar? Nunha época do ano onde polo frío e o estado das terras non se podía traballar, era unha forma de entretemento que nos seus tempos foi bastante machista pero que na Teixeira nos últimos que festexaron, souperon adaptar aos tempos.
Para saber máis do Reinado podedes escoitar estes dous podcasts realizados por Fidel con xentes do veciño lugar de San Ciprián de Hermisende, nos que atoparás moitas similitudes do contado polo Ti Martiño:
O Reinado con Esther y Jaime.
O Reinado de Fidel Alonso Rodríguez.
Este podcast non sería posible sen a edición de Jordi, a selección e edición dos vídeos de Emmanuel Vázquez, a voz en off de Lorena na entrada e saída do podcast e, como non, a Martín Gordo Mostaza pola súas intervencións contando. Saúdos de Fidel Mouzo que presenta este Retrato Sonoro.
The post “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 8 first appeared on Sons Podcasts.