M/Robin Scott lanza un disco no 82 con reminiscencias New Wave e Synth Pop que francamente é estupendo. Repasámolo.
ABC voltaron este ano (só queda Martin Fry) co segundo capítulo de The Lexicon Of Love. Pode soar fora de tempo, un tanto anacrónico.
Pero este tipo de anomalías paga a pena facerlles caso.
Comix e deses grupos de Synth Pop que só grabaron un Lp no 81. Nada coñecidos os franceses pero un disco interesante e cos sons daqueles anos.
One hit wonder dende Francia tamén. Bandolero e París Latino quedará para moitos coma un clásico bailabel dos 80.
Rematamos cos gregos Mikro e o seu Synth Pop, Electro Pop ben feito e con moi bos temas. O Album Restart do 2007 é francemente disfrutable.
A ver qué pasa!