Neste programa poñemos o novo sinxelo de Insight. Moi bo Synth Pop dende Barcelona. Pechamos cunha remistura de seu tema Damage que non ten desperdicio.
Tiga fixo un moi bo disco de debut no 2005. Electrónica de varios estilos, todos bailables e que deixou bos temas, que por desgraza, non tivo continuidade.
Dende Australia, Parralox, voltou neste ano cun novo disco que sigue as pautas entre o Synth Pop e a EDM que veñen facendo dende os seus comenzos, e que fixo qu xa teñan unha reputación a nivel mundial nos circuitos dese estilo.
E neste programa facemos un repaso o primeiro e estupendo disco de Duran Duran.
En plena febre New Romantic, os sons de DD foron un sopro de ar fresco para todos.