Retro-Evolución

Retro-Evolución

By ChorbyradioMusic
Download on the App Store

Retro-Evolución episodes

  • Retro-Evolución, programa 5, 3ª tempada
    Sons dos descoñecidos escoceses Berlín Blondes.
    Só un Lp con interesantes temas ente o New Wave e o Tecno Pop dos 80.
    Vove Visage cun novo sinxelo de seu lp.
    As remixturas da cara b e do tema principal están moi interesantes.
    Neon só editou dous sinxelos nos primeiros 80.
    Tecno Pop de sempre con boas melodías.
    O curioso desde grupo e que de aquí sairon os grupos Tears For Fears e Naked Eyes.
    O belga Snowy Red decantouse no seu terceiro disco por sons máis próximos o EBM con respecto os seus dous primeiros discos.
    Disco do 86 do que recuperamos dous temas.
    1 hr 1 min
  • Retro- Evolución programa 4 terceira tempada
    Centrámonos nos comenzos da Human League, incluido cando non estaba Phil Oakey e se chamaban The Future. Temas donde a electrónica típica de Sheffield soa en toda a súa plenitud.
    Acaba o percorrido ata o primeiro Lp.
    Rematamos co novo, biísimo e maís sofisticado traballo ata a data de The Outer Space.
    Interesante chimpo de sons electrónicos estupendos.
    1 hr 1 min
  • Retro- Evolución 3 programa 3ª tempada
    O programa de esta semana está adicado casi en exclusiva o grupo Japan.
    Calidade, glamour, estilismo e boas cancións foi o gran legado do grupo que capitaneou David Sylvian.
    Queda un anaco do programa para poner dous temas, non moi coñecidos no estado, da xoia do Tecno Pop que é Dare da Human League.
    1 hr 1 min
  • Retro- Evolución programa 1 terceira tempada
    Volvemos con enerxías renovadas.
    Así que neste programa o simple de Viejo Café de Europa co EBM de calidade internacional que sacou casi inesperadamente.
    Dende Ferrol Carrero Bianco con a súa demo estupenda chea de Tecno Pop e Tecno Funk con regusto os oitenta.
    Tomorrow´s Worl, proxecto paralelo dun dos membros de Air, xunto con unha cantante, que recorda o grupo nai. Efectivos e relaxantes.
    Rematamos cun disco do ano 80 de noruegues Benarek con minimanl synth oscuriño pero que non ten desperdicio.
    Apertas.
    1 hr
  • Retro- Evolución programa 30 segunda tempada
    Derradeiro programa da tempada.
    Repasamos un pouco a discografía de Aphex Twin.
    Persoaxe e proxecto inexcusable na electrónica dos 90.
    A segunda parte, por decilo dalgún xeito, poñemos temas de grupos rusos ou soviéticos que practican Dark-Wave, Electropop, Tecno Pop e Minimal Synth.
    Algo raro pero moi bo.
    Que o pasedes ben e deica a proxima tempada.
    1 hr
  • Retro- Evolución programa 29 segunda tempada
    Programa que, por ser algúnhs temas longos, só ten tres grupos.
    Ocnelie Illmatik volve cun novo EP que ten algo de sabor os 80 pero sin perder a identidade.
    Leftfield firmou un excelente disco de debut nos 90. Poñemos algún tema de ese referente que é Leftfism. Un clásico xa.
    Igual que tamén e un clásico do Ambient o debut de The Orb. Ambient, Dub e Sicodelia se xuntaron da man de dous veterans da música para que bailásemos horizontalmente.
    ¡Qué disfrutedes!
    1 hr 1 min
  • Retro- Evolución programa 28 segunda tempada
    O programa escomenza con Funk e Soul dos 60 e 70 a carga do selo Small Potato Records. Un selo recomendado.
    O Acid Jazz do finado Mar Moulin (ex-Telex) e unha gozada. Elegancia para clubs de alto standing. Imprescindible.
    Do Acid Jazz ó Synth Pop sueco de Sound Squence.
    Teñen algo moi persoal cos distingue da pura imitación ós Depeche Mode.
    E ramatamos con dúas remixturas que fai unhs anos fixeron músicos e dj dos 90 de temas clásicos de Telex.
    Unha débeda co grupo belga que paga a pena escoitar.
    Non esperes Chunda-Chunda. Iso queda para as radiofórmulas .
    1 hr 1 min
  • Retro- Evolución programa 27 segunda tempada
    O programa está adicado a Visage pero con matices.
    Steve Strange xunto con outros veterans da música dos 80 graban baixo o nome de Visage despois de casi trinta anos.
    O resultado e mais que aceptabel, teño que recoñecelo.
    E xa postos, pois recordamos esas cara b son sinxelos que non apareceron nos lp e que soan moi ben.
    1 hr 2 min
  • Retro- Evolución programa 26 segunda tempada
    Neste programa facemos un repaso o novo e estupendo traballo de Fabrik. Electrónica, experimental, sons de espazo, da Antártida, do Industrial.
    Tamén escoitamos temas de novo traballo de Comando Suzie. Synth Pop oscuro y dramático.
    Dende Noruega o proxecto Delayscape con IDM e Minimal Synth que semella que se fixese nos 80.
    E rematamos en Kleerup. Dende Suecia, Synth Pop un tanto meláncolico pero bailable. A comercialidade non está reñida co bo facer.
    1 hr

About Retro-Evolución

From the publisher's feed

Neste programa teremos os novos temas de Cybogrdrive y Persona non grata que aparecen no recompilatorio Electric Synthicate.