Esta semana lembraremos que fai catro décadas o músico John Foxx editou o que cecáis sexa o seu derradeiro disco máis comercial pero cheo de boas cancións. O disco é Mysterious Ways.
Lembraremos tamén o primeiro disco dos OMD que mixturaban temás de Tecno Pop inmediato con outra parte máis electrónica que somentes podíamos atopar nos Lps.
Tamén escoitaremos temas do primeiro traballo, feito en formato Ep, dos canadianos Men Without Hats antes de ser mundialmente famosos con Safety Dance.
E rematamos con eses proxectos unipersonáis que xa son de culto dentro do Minimal Synth e Synth Wave e que poida que estén demasiado esquencido. Trátase de Snowy Red que deixou un moi bo segundo traballo alá polo 82.
Iso é todo!