O disco de debut de Boston cumpre medio século e faremos un repaso. Unha alfaia do AOR dos setenta.
Tamén lembraremos temas do Last Exit, primeiro disco dos canadianos Junior Boys cheo de melodías agarimosas e sons minimalistas.
Dentro do minimalismo sonoro eu poño a Indeep que con pouco máis que un baixo, unha guitarra e unha batería, ou caixa de ritmos, logrou a principios dos oitenta que bailara medio planeta.
E rematamos co tema Kao Bang dos franceses Indochine que editaron no ano 83 e de seguro que foi o tema máis coñecido deles por este lares.
E isto e todo!