Neste programa contamos con novidades, reedicións, e máis.
Destino Plutón editaron o seu primeiro disco fai uns meses.
Synth Pop con sabor europeo e mirando un pouco os sons sintéticos dos oitenta. Moi interisantes.
Maleso volve con novo disco. Os seus temas que poden ir dende o Pop Rock ata o Folk Rock son sempre interesantes e de unha escoita más que agradable. Un veterán da música.
The Outer Space re-saca un tremendo tema de Synth Pop con moito sabor os 90. Un pepinazo que nunca apareceu en ningún álbume e que é do 2008. Tremendo!
Fragmentos Industriales son de Perú e fan un moi bo Synth Pop/Future Pop con momentos próximos ó EBM. Xa levan uns anos nesto da música. Pero aquí seguramente son totalmente descoñecidos.
Os arxentinos Cutt! volven cun maxi intrumental de bo Synth Pop que queda estupendo para este verano que xa casi está aquí.