Esta semana teremos varias novidaes.
Daüne é o novo proxecto de Mist3rfly onde poderemos atopar ritmos Techno e Techno House entre outros. Sons electrónicos bastante poliédricos e fríos. Escola alemana.
Neón Dalila é un novo grupo que se move polo Synth Pop melódico que deixa boas sensacións.
Ruben Vilchi móvese polo New Wave dispar. Escoitamos temas do séu traballo Ocaso.
Atk Epop xa é un habitual. Incombustible él segue a propoñernos Pop deste século bastante melancólico.
Dando un chimpo o pasado, lembramos esas caras b que deixounos o desaparecido Pete Shelley, membro dos míticos Buzzcoks, pero que cando facía cousas en solitario movíase polos son sintéticos. A man de Martin Rushent na produzón nótase e fainos lembrar sons familiares co que fixo ca Human League.
E rematamos co autraliano Ignatius Jones que no ano 81 deixou un tema de culto para todo los que amamos o Synth Pop de aqueles anos.
E iso é todo!