Retro-Evolución

Retro-Evolución, Programa39, Tempada 15


Listen Later

A semana que vén contaremos con temas dun estupendo recompilatorio que se editou en 2005 e chámase Café Sputnik, que reunía descoñecidos grupos e músicos rusos que practicaban Easy Listening basicamente, pero tamén Downtempo e demais estilos máis ou menos de moda por aqueles primeiros anos do novo século.
Recordaremos temas do primeiro e estupendísimo disco de Nu Disco que editou o alemán Roosevelt en 2016.
A "rareza" vén a cargo do italiano RAF, sempre lembrado por Self Control e que na cara B do maxi deixou esa que para min é unha auténtica xoia do Italo, que se chamaba Running Away.
Coñecín ao neozelandés Jonathan Bree a través do seu tema, e vídeo, You're so Cool e desde entón a súa música namoroume. Si, porque era e é moi Cool para min en todos os sentidos. Esa canción estaba dentro do seu terceiro disco, Sleepwalking, do cal escoitaremos algo.
E para rematar, pois recordaremos esa rara e nunca entendida reunión para un só single, e respectivo maxi, entre Mick Karn e Midge Ure. Creo que os dous non precisan presentación e After The Fashion non só soa fashion para a época, 1983, senón que ademais paréceme unha mestura perfecta entre o son dos dous músicos.
E iso é todo!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Retro-EvoluciónBy Chorbyradio