Oscar Avendaño, Foggy Mental Breakdown, Casanovas, Trem Fantasma, Rain Dogs, Reposado, Los Naipes, The Bo Derecks, Siniestro Total, é un músico activo 24 horas o dia, nunca che vai decir que non se a proposta é unha troula de rock’n’roll.
Despois de editar Burro (2015), un disco de 12 cancions inclinadas cara o folkrock americano con sons de pedal Steel, slide, dobro, guitarras acústicas, piano e unhas letras herdadas a maneira de Bob Dylan, Tom Waits, Neil Young ou Nikki Sudden. Oscar Avendaño tiña material para darlle continuidade, incluso chegaron a grabar (Oscar, Mauro Comesaña, Andres Cunha é Hendrik) as cancions no estudio de H. Röver (Guitar Town). Mesmo estudio, mesmos músicos, todo parecía que a festa ia continuar.
A irrupción exitosa de Bo Derek’s grupo de pubrock formado polo propio Oscar cós irmáns Lorre (Wavy Gravies,The Allnight Workers, Family Folks), o día a día de Mauro Comesaña con The Soul Jacket e Zålomon Grass, a actividade frenética de Andres Cunha con varios proxectos ademáis de ser nestes intres batería de Siniestro Total e co engadido de non poder contar con Hendrik para os directos, o asunto presentouse esquivo para presentar e defender o traballo como é debido polos escenarios. As cancions grabadas quedaron sen editar. O disco foise o caixón agardando mellores momentos. Comenza a pandemia do Covid.
Pasada a parte dura da tormenta chegaron dous soles; Asis Izquierdo e Milana Records. O primeiro fan de Oscar que andaba xa tempo con gañas de producirlle. A segunda unha discográfica recen estreada que nace da banda de Cáceres Milana (Jay Martin, Isidro Pérez y Aritz Sertucha con dous traballos situados nas fronteiras do folk e o country-rock (Campo y Piedras, 2014 e Desierto Cicatríz 2018). A disqueira estrease con Sertucha “Cuando suba el río”, con Oscar Avendaño y Reposado “Perros Negros” e unha selección suculenta de grupos: The Kleejos Band, Uncle Sal, Los Eternos, Schizophrenic Spacers…
A primeira edición de “Perros Negros” esgotouse nun pechar e abrir de ollos. 200 unidades vinilo + CD. Estamos na segunda e xa apenas quedan copias. O disco viste un traxe ilustrado creado por Arturo Delgado aka Querido Extraño, outro incombustible do rock galego e que estivo en bandas con éxito dos noventa como Gloomy House e los Invasores. Arturo asina unha portada de road movie cargada de simboloxía de deserto e lugares perigosos como Jacksonville ou Casas Rotas. As cancións describen unha ruta dificil e excitante para recorrer; unha viaxe que é metáfora da vida.
En referencia ó anterior Perros Negros musicalmente e unha continuación mellorada, entendamos, mais atrevemento cos experimentos xa probados, máis soltos ou como se adoita decir “engrasados”. A sensación é a de estar escoitando un disco atemporal un deses discos para paladares acostumados o rock rico en calorías da década dos 70’ s.xx pero coas fiestras abertas para que entre aire fresco. O guión literario afonda en personaxes traumáticos de dudosa moral, en sensacións apocalípticas pero con espirito de superalas; Neste episodio de A Kanteira OscarAvendaño fainos de guía contándonos a historia de cada canción; imos en ruta buscando non sabemos que.