Escaparate sonico dos festivais e acontecementos musicasis da Fosa Atlántica. Neste sitcom estamos presentes na VIII Xuntanza VRAS VIGO (rebumbio moteiro con asociacions viguesas e de todo o estado). En moto atravesando a Ponte de Rande imos o MORRASOUND 2019, alí esperan estrelas coma O'Funkillo, The Limboos, The Brew, Los Vinagres, Lou Reyes, Yo Diablo, Spoonful e moitos maís. A figura que representa perfectamente o salitre que ai entre Vigo e Buenos Aires no eido da construcción de lazos de ferro coa cultura musical das Rias Baixas, é Fran Bansfield (Phantom Club, Hijos del Rigor...), jallejodaplata' . Ten unha cita con todas na Fonte do Galo (San Vicente 10) onde vai a dar un repaso a clásicos do rock arxentino; jodida tarea. En el Contrabajo, Vigo, están mostrando ríxidos riffs de rock The Broke. Un Fanzine!!!!! amigas un puto fanzine en físico. O acontecemento insólito será na Kominsky, CAPUT presenta: Elephant Maze ( unha ola kaótica de sons dende Lisboa) + Dientes (punk Lo-Fi rabioso e oxidado asteleiro). Pechamos cortina con Eladio y los seres Querido, que amenizarán xunto con outros o Ribeiro Son de Viño na Praia da Barrosa, O Grove.