RUMBOIA RadioFusión

Rumboia 215 – O Son do Río – De Raiz (2019)(12.41)


Listen Later

O Son do Río é un grupo de música tradicional que naceu arredor do ano 2010, e que recolle o seu nome pola súa relación próxima co río que atravesa a localidade da súa Mondariz natal. Como en cada ensaio "o son do río" estaba presente como banda sonora de fondo, naceu o nome da formación: 'O Son do Río', un grupo folk con música e voces, que a día de hoxe está formado por 14 compoñentes de Ortigueira, Vigo e Lavadores, Pontecaldelas, e Mondariz.
O nacente deste río, situado nas parroquias de Gargamala e Frades, foi abrindo camiño e enriquecéndose coas as achegas de Sabaxáns,Llanoso, O Ortegal, Lavadores, Zamáns e Bouzas. Sobre un patrimonio familiar do que senten un gran orgullo, o seu río vai creando un esteiro onde teñen cabida as composicións tanto dos membros do grupo como das persoas que están perto do seu sentir.
Destas orixes xurdiu tamén o título do seu primeiro disco, DE RAÍZ, no que cada tema é unha homenaxe á súa terra, os seus ríos, as súas tradicións e os seus devanceiros. Un disco que viu a luz en xaneiro do 2019 da man de Inquedanzas Sonoras e que é froito de axuntar as súas herdanzas das terras de Mondariz coas vivencias que tiveron arredor da música tradicional.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

RUMBOIA RadioFusiónBy Radiofusión