RUMBOIA RadioFusión

RUMBOIA RadioFusión

By RadiofusiónMusicMusic Commentary
Download on the App Store

RUMBOIA RadioFusión episodes

  • RUMBOIA 239 – GS21 – Isolma (2008)
    En Xaneiro do 2007 presentouse o espectáculo da compañía de Danza GS21, "Isolma". Baixo a dirección de Oscar e Serxio Cobos esta formación acercou un novidoso punto de vista en torno ao baile e música de raíz. Froito de ese traballo naceu o Cd do mesmo nome que o espectáculo "Isolma", no que participaron máis de 10 músic@s cunha ampla traxectoria dentro da nosa música tradicional.
    13 min
  • Rumboia238 Timparrantela - Se te quixen foi polos grelos - 2021
    Timparrantela é unha recente formación musical feminina nada en Ourense. Con composicións de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful), a súa banda está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón), Olga Brañas (piano e pandeireta), Raquel Huete (tuba e baixo eléctrico) e Marta Figueiredo (percusión).
    O seu ámbito estilístico conecta tanto coas músicas do mundo como coa tradición da verbena, reinventándoa e conferíndolle elegancia. No ano 2021 Timparrantela presenta o seu primeiro traballo discográfico, Se te quixen foi polos grelos, da man da Editorial Galaxia.
    Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Quen as escoite, vai querelas. Con ou sen grelos polo medio.
    18 min
  • RUMBOIA 237 – De Ninghures – Aqui – (2022)
    De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquietudes de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da península ibérica, América Latina ou o Magreb.
    Oito músicas e músicos que se xuntan para ensinar a súa forma de manter con vida a música tradicional en tempos de globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.
    Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festivais galegos, como Castelo Conta, Festigal, Festival dá Poesía do Condado, Foliada da Fonsagrada, Festival Irmandiño de Moeche….En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores, ademais de finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira.
    Acaba de ver a luz, AQUÍ; o seu primeiro traballo discográfico, tras un período de varios anos de investigación. No disco, composto por temas orixinais, conflúen pezas de composición propia con arranxos do repertorio popular.
    9 min
  • UMBOIA 236 – Os d´Abaixo – Somos a Pedra (2021)
    Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.
    O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza, como por outro provintes de bandas folk de amplia traxectoria como son Berrogüetto ou Fía na Roca.
    En Somos a pedra,o disco que presentamos nesta Rumboia, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua, Os d'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra, configurada por un material tan duro que a fai quen de soportar o paso dos anos e das adversidades sen desaparecer, coidando así do que é noso.
    15 min
  • RUMBOIA 233 - Banda Baile Asalto – Banda Baile Asalto (2013) (13,39)
    Este grupo “pontevedrés” nacido en xuño de 2011 con motivo da súa participación no Vl Festival Folk de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de conseguir a interacción co público. Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta.
    Un proxecto froito das inquietudes de seis músicos de diferentes estilos, na busca dunha linguaxe "única". Ademais dun profundo coñecemento sobre a música tradicional galega, unha particular visión artística, o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fan que a Banda se converta nun proxecto apetecible e inetiquetable: música do mundo feita no noso país.
    BANDA BAILE ASALTO: Javier Rabanal (Baixo eléctrico), Franc Gorriz (Batería e percusións), Sarunas Pupelis (Saxo barítono e alto), Samuel Macía (Bouzouki e voz), Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica e saxo soprano), Miguel Fraguas (Gaitas e percusións).
    14 min
  • RUMBOIA 234: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru - 2009 (12:19)
    Este peculiar cuarteto, o único composto por seis membros do que se ten noticia, supón unha das estreas máis interesantes na nosa música dos últimos anos. Inicialmente formado por catro clarinetes, tocados por Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu, -tamén Cándido Lorenzo estivo no grupo algún tempo-, e que abranguen toda a familia do instrumento, o Cuarteto Caramuxo mudou a sexteto coa entrada da percusionista Patricia Cela e do acordeonista Alonso Caxade, mais decidiu non cambiar o nome e si virar de vez o seu repertorio cara á reinterpretación de pezas da tradición musical do país, pescudando nos cancioneiros populares galegos e botando man de compositores actuais para recoller as súas melodías, coas que gañou o concurso Festival Folk Cancioneiros convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza no 2008, o que lle valeu poder gravar este seu disco de estrea, Tiruriru, (Falcatruada, 2009). No ano 2015 gravarían o seu segundo disco Arrieiros somos (Nakra,2015).
    13 min
  • RUMBOIA 232: Os Morenos de Lavadores – Aires da Nosa Terra (1970)
    Nos albores do século xx desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música de gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloroà sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira Blanco, formasen en 1933, xunto ao Firma e a Román na percusión, o cuarteto Os Morenos de Lavadores.
    Aqueles dous morenos irmáns ían gozar cos anos da compaña na percusión de Luis O Coxo, O Palas, Andrés, Ito, Paco, O Balocas, Mon, O Chato, Alfonso, Pedroà e durante máis de vinte anos, da parella de Olimpio Alonso e José Suárez, a que gravaría ao final dos sesenta os discos cos que o estilo destes músicos, o seu toque, quedaría inmortalizado.
    Cando en 1973 o grupo decidiu disolverse, atrás quedaban un milleiro de festas, romarías e bailes por todo o país, moitos Entroidos alá no Hío, un feixe de inauguracións, varios concursos, a participación en dous filmes, dúas gravacións discográficas, unha viaxe a París acompañando ao Ballet Nacional Español e moita, moita vida e moita música.
    9 min
  • RUMBOIA 231 : A Tajea – En Clave de Ja (2020)
    A Tajea é unha agrupación musical de Outes formada por 6 mulleres cun estilo propio, elas mesmas defínense como un grupo moi festeiro. Teñen gaita pero non son gaiteiras. Teñen pandeireta pero non son pandeireteiras, e todas cantan pero non son cantareiras.
    Este grupo de 6 mulleres poñen un aire novo e fresco á música tradicional. Os seus directos non deixan a ninguén indiferente e sempre conseguen sacar as sonrisas do público.
    “A Tajea” naceu polas ganas de festa, a primeira vez que tocaron xuntas foi nuns Cantos de Taberna, alá polo 2017, no concurso “PONTE UN SANCOSMEIRO”, e dito e feito, puxeron o sancosmeiro e xa non o volveron a sacar. De feito, o SANCOSMEIRO e os zpcos son a súa seña de identidade cada vez que suben a un esceario.
    12 min
  • RUMBOIA 230: Acordeireta – Loitar Cantando (2020)
    Un total de 15 temas compoñen este disco que leva por título Loitar Cantando. Recollen a gradecen temas de moitos músicos da Galiza e, tamén, poesías que dan letra ás súas músicas. Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Lanzán o seu primero traballo discográfico a finais de 2020 no arriscado momento da pandemia que todo o inunda. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.
    12 min
  • RUMBOIA 229: Fuxan Os Ventos – Fuxan os Ventos (1976)
    No ano 1976 fuxan os ventos publicaban o seu primeiro disco titulado Fuxan os ventos, que se presentaba así: "Este feixe de cancións non quere ser máis ca o recordo e a dignificación dunha canción popular de hai anos xa, e un esbozo da canción galega de hoxe que, partindo de formas musicais galegas, non adormente senón que formule a realidade dunha Galicia viva, que por viva canta, pretendendo, polo tanto, ser o reflexo dun pobo que vive uns problemas nun intre crucial e definitivo da súa historia."
    Tal declaración de principios abrangue as dúas vertentes musicais galegas do tardofranquismo: por unha banda o herdo da tradición, co propósito de dignificala e, pola outra, a asunción da canción de denuncia, fiel reflexo do contexto social e da súa implicación a prol da loita pola liberdade política e social do pobo, a dignificación do seu idioma e da súa cultura.
    12 min

About RUMBOIA RadioFusión

From the publisher's feed

Presentacion de grupos folk, feito pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s para Radiofusión