RUMBOIA RadioFusión

Rumboia 217– Fixe Trío - Sempre Fixe (2021) (14,05)


Listen Later

Fixe Trío é un proxecto musical vigués cuxos instrumentos principais son a guitarra, o cello e a voz, aínda que, como multiinstrumentistas, engaden ocasionalmente outros instrumentos como o violín, frautas e diversos instrumentos de percusión. No mundo sonoro de Fixe Trío pódense atopar retrincos de músicas de diferentes lugares: Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina, Cuba, Chile ... Sendo as propias intérpretes as encargadas dos arranxos para conseguir o seu propio son. Son cancións do mundo cun toque contemporáneo e interxeracional.
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

RUMBOIA RadioFusiónBy Radiofusión