Onda Ciencia

Saúde Mental


Listen Later

A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional. Para iso contamos con tres expertos e expertas da Universidade da Coruña:     


  • M.ª de las Mercedes Seoane Bouzas, é terapeuta ocupacional do SERGAS, especializada en trastornos da saúde mental. Profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC e doutora por esta mesma universidade coa tese “Terapia acuática e desempeño ocupacional en saúde mental”
  • Valentín Escudero Carranza, profesor Titular do departamento de psicoloxía. Coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC. Entre as súas liñas de investigación figura o tratamento de adolescentes en conflito e súas familias. 
  • Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC. Membro do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (Talionis-Citic).


Con eles conversamos acerca de “AFRONTEMOS”, o programa de atención especializada que puxo en marcha a UDC hai tres anos e que proporciona ferramentas psicolóxicas e terapéuticas para afrontar un problema de saúde mental e que coordina o profesor Valentín Escudero. Pola súa parte, Mercedes Seoane e Nuria García compartiron tamén diversas experiencias sobre liñas de acción innovadoras e pioneiras que se están desenvolver desde o eido da terapia ocupacional nas áreas de Coruña e Ferrol. En terceiro lugar, ao longo da conversa os nosos expertos analizan as principais problemáticas vencelladas á saúde mental do estudantado e da mocidade en xeral, afondando no papel clave que xogan os medios de comunicación e as redes sociais na autoestima e no benestar emocional das persoas.  

Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Onda CienciaBy Cuac Fm, UDC