O Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, é punto de información de interese para a mocidade con convocatorias de bolsas, certames, actividades... A súa directora Mónica Bugarín deunos conta hoxe do concurso para elixir o cartel do Certame Xuventude Crea, e tamén de axudas para estudantes universitarios. Esta información pode ampliase no seu teléfono 886 110 797 ou no seu Facebook.