Xa podes escoitar o Sempre Queda o Rock 128. Podes e debes!!!. Que programa tan divertido. Dende a Tapería La Sartén, onde nos volveron a tratar coma "reises", pasámolo bomba cun inspiradísimo Tonhito de Poi acompañado hoxe por Arón, un estelar Pepe e cos fantásticos The Riggos, cos que falamos e nos tocaron un par de temas do seu disco homónimo. Falamos de rock, de punk, de croquetas de espinacas, de "romper los huevos", de Cold Play, de plaxios, de Shakira... mellor que o escoites. Agracecer a Eva e a todo o equipo de La Sartén, o cariño có que nos acollen, e tamén enviar un bico grande a Rafa e a Dina, aos que botamos de menos, pero que seguro que estarán no Sempre Queda o Rock 129.