Hoxe falamos de educación no Galiportus. E facémolo co Nel Vidal, profesor de Lingua Galega no CPI do Cruce, en Cerceda (Co-Gz), ademais da Irina Maia, profesora de Matemáticas no 3º ciclo do agrupamento de escolas de Peniche (Pt) Grazas aos programas de intercambio e formación continua do profesorado, ambos convidados tiveron a oportunidade de veren in situ como se traballa " do outro lado". Con que se encontraron? Que problemáticas, que curiosidades? Que é o que collerían "do outro sistema"? Que os sorprendeu máis? Polo que nos contan, tamén son moitos os aspectos que aínda non distancian, no ámbito da escola... Por exemplo, sabíades que en Portugal, os profesores non "opositan"? E que poden acabar no outro extremo do país a dar aulas?
Para acabar, deixámosvos cun tema de De Ninghures (Ronsel) Viva a escola pública!