Aquí faltan páxinas

Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana


Listen Later

“Aquí faltan páxinas” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz, que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente no prestixioso Vassar College, onde tivo como alumna a Jacqueline Kennedy e onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de Literatura e Cultura Española. Na súa honra, a Deputación de Pontevedra creou os Premios Sofía Novoa para fomentar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao da Universidade de Vigo. Acompáñanos nesta sesión a tamén pianista e profesora de música Carmen Losada, doutorada coa tese Mujeres pianistas en Vigo. Del salón aristocrático a la Edad de Plata (1857-1936). Sofía Novoa, onde se estuda, por primeira vez en Galicia, a aparición de mulleres pianistas e o seu encaixe na sociedade burguesa de Vigo. É autora do libro Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga y exiliada, publicado polo Instituto de Estudos Vigueses, co que acaba de presentar este mesmo ano outro estudo baixo o título Mujeres pianistas en Vigo. 1857-1936.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra