Libros para as medras

Soños dunha sombra


Listen Later

Soño dunha sombra é a última proposta de Xosé Cobas. Está publicado por Kalandraka en forma de álbum ilustrado e preséntase estes días en Compostela. Trátase dun libro silencioso, un libro sen palabras, deses que pode ler calquera, sexa cal sexa o idioma que fale, calquera sexa a idade que teña... Porque o que lemos son as imaxes que van construíndo o relato que cada unha de nós pasamos a palabras na nosa mente ou ao contalo en vos alta.
Diso saben moito nos campos de refuxiados, especialmente en Lampedusa. O IBBY creou unha biblioteca de libros silentes para que a rapazada que chegaba puidese ler cada un no seu idioma, tamén poderían escoitar ás persoas mediadoras léndolle noutro, pero sempre terían acceso a través do propio.
O primeiro libro mudo que coñecín foi Zoom de Istvan Banyai publicado por Fondo de Cultura Económica. Tratábase dunha viaxe visual que seguía o zoom dunha cámara dende o punto máis próximo: a cresta dun galo ata un punto no universo. A cámara vaise afastando, mostrando planos que se amplían dende o de detalle ata o panorámico. As imaxes fannos pensar no necesaria que é a observación e a mirada dende diferentes puntos de vista para non perder a realidade.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Libros para as medrasBy Radio Ateneo