Este ano 2026 está resultando espectacular para Silee, a súa canción «Milajros de Amil» entrou dentro dos 20 temas máis escoitados e virais en plataformas, todo un fito para unha canción en galego.
Silee ten dous EPs e un álbum publicados dende os seus comezos en 2023, pero o seu “salto á fama” veu cando comezou a cantar en galego. O seu próximo traballo discográfico, “meu onde estás?”, verá a luz en novembro e está composto por temas en galego.
Silee é un artista multidisciplinar, compón e produce os seus temas e, ademais, na súa calidade de filmaker encárgase tamén da realización dos videoclips das súas pezas.
Acaba de lanzar un último sinxelo de adianto do seu disco, “Cando o barco se afunde”, aproveitade para ver o vídeo deste tema, está dirixido polo propio Silee e gravado por el mesmo e Diego Ferradás nas inmediacións de Bueu.
O enorme universo da música urbana galega ten espazo máis que dabondo para unha nova incorporación, demostrando a súa vizosidade e a capacidade dos nosos artistas.
Nun día tranquilo, sen agobios nin responsabilidades artísticas poderás atopalo, nun dos locais máis queridos de Bueu en bóa compaña. “No mellor pobo do mundo”, asegura.
Imaxe: Varo Martínez